M. Belén Caballlo Villar é Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de doutoramento (1997). Desde 1996 formo parte do cadro docente e investigador do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago, na que son Profesora Titular de Pedagoxía Social desde o ano 2003. Actualmente concentro a docencia no Grao en Educación Social e no Máster Universitario de Investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario.
Son membro inicial do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea, GI-1447 de la USC) -constituído en 1999- e continúo desenvolvendo o meu labor no marco deste equipo, recoñecido pola Xunta de Galicia como Grupo de Referencia Competitiva no Sistema Universitario Galego.
Ata o momento, participei no equipo investigador de case 30 proxectos (competitivos de carácter autonómico, estatal e internacional) e/ou contratos de investigación, asumindo a condición de IP en varias ocasións. Na actualidade co-lidero o proxecto “Educación e conciliación para a equidade: análise da súa incidencia nos tempos escolares e sociais da infancia”, financiado en convocatoria competitiva polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e os Fondos FEDER (Proxecto: RTI2018-094764-B-100).
Ao longo da miña carreira profesional fun centrando a investigación e as publicacións nas seguintes temáticas: Educación Social; políticas socioeducativas e culturais no desenvolvemento comunitario local; cidades educadoras; tempos educativos, tempos sociais e pedagoxía do lecer.
Tamén destaca o meu compromiso continuado coa xestión universitaria, asumindo responsabilidades en diferentes ámbitos: secretaría do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social (1997-2002, 2013-2015); secretaría da Facultade de Ciencias da Educación (2002-2010); Coordinadora de diferentes Programas de Doutoramento (1998-2001); Secretaria da Comisión Académica do Programa de Doutoramento en Educación (2013- 2018) e Vogal desde 2018 ata a actualidade; Coordinadora do Grao en Educación Social (2011-2013); representante no claustro universitario polo sector de PDI (2014-2018).